Cargando Eventos

« Todo Eventos

  • Este evento ha pasado.

Congreso: Rexeneración Urbana e Territorial

10 junio, 2016 @ 08:00 - 11 junio, 2016 @ 17:00

rexeneracion_1

REXENERACIÓN URBANA E TERRITORIAL DENDE A INTERVENCIÓN DE EDIFICIOS

As novas preocupacións por cuestións relacionadas pola eficiencia enerxética e a sustentabilidade non deben facernos esquecer a relación do edificio e a súa contorna.

É necesario reflexionar sobre a forma de actuar nos nosos edificios, nas nosas cidades, no noso rural….na nosa paisaxe. A oportunidade que xorde coa rehabilitación do parque edificatorio pode aproveitarse entre outras para rexenerar espazos urbana e socialmente degradados, para poñer en valor a arquitectura tradicional ou para fixar poboación nos centros históricos e no rural.

Por desgraza hoxe en día aínda é habitual atoparnos con actuación sen criterio que poderiamos enmarcar dentro do coloquial termo de feísmo. Edificios inacabados ou a reutilización de elementos de forma inadecuada levaron a que nos atopemos cunha paisaxe no que, o desacerto duns poucos emborrona a paisaxe de todos.

É importante analizar exemplos claros que sirvan como guía da calidade que deberían ter as intervencións. Un bo punto de partida é coñecer máis en detalle proxectos que nos amosen diferentes formas de intervir en situacións nas que a proposta xira en torno á recuperación de edificios, a súa situación e a súa contorna. Intervir dende o respeto ao edificio e á paisaxe no que se integra ou propoñer actuacións que sirvan de referencia cando a contorna está degradada son cuestións que se plasman nos distintos proxectos que se verán durante o congreso.

Participarán: Manuel Gallego Jorreto, Víctor López Cotelo, Carlos Quintáns, Creus&Carrasco, Emilio Rodríguez Blanco e Ángel Panero Pardo.

Pódese consultar o programa neste ENLACE

PLAZAS LIMITADAS:

FOLLA DE INSCRICIÓN

DATAS:

10 e 11 de Xuño 2016

LUGAR DE CELEBRACIÓN:

Salón de actos
Deputación Provincial de Lugo
Rúa San Marcos S/N
27001 – Lugo

VÍA: Reacciona2020, Escola Técnica Superior de Arquitectura

IMAXEN: ETSA

Detalles

Comienza:
10 junio, 2016 @ 08:00
Finaliza:
11 junio, 2016 @ 17:00
Evento Categoría:
Evento Etiquetas:
, , , , ,

Lugar

Salón de Actos da Deputación de Lugo
Rúa San Marcos S/N
Lugo, Lugo 27001 España
+ Google Map